cerrado
 
 



 

"Entre a Picaraña e o Sobroso, no Val de Oliveira, corazón do Condado, terra das Rias Baixas, atópase un fermoso casal chamado“A Fraga do Velaí”

A historía da nosa Fraga remóntase ó medievo, cando o Val de Olivera estaba baixo influencia do Castelo do Sobroso.

Por aquel entón, un señor feudal coñecido por todos como Velaí, dono desta frondosa fraga, fixo erguer nela unha fonda para os seus serventes, agora trocada nunha Tapería Rural, que permitirá ós nosos sentidos remontarse a aquelas épocas, onde as fadas xogaban nos recunchos das carballeiras e as nosas xentes enchian os seus bandullos con bo pan e mellor viño."

Un lugar secreto, donde a cultura galega recolle o seu máximo esplendor, así é este restaurante, A Fraga do Velai. Costa chegar a encontralo, pero unha vez que o atopas merece realmente a pena. Non só polo lugar, senón pola súa carta.

O primeiro que che sorprende é a súa carta, que contén dende pratos tipicos á cociña de autor tradicional. Todo isto regado cos mellores viños do país.

HORARIO DE VERAN (Xullo e Agosto): Todolos dias dende as 20:00, Sábados , Domingo e festivos dende as 13:00

Ademáis do noso horario habitual facemos comidas e cenas cualquer día da semana, a partir dun grupo de 15 persoas e con reserva.

 

 
 
Notal Legal - Teléfono 637 764 885 A Fraga do Velai 2011
Especialidades A Nosa Carta Donde estamos Facebook Galeria de Imagenes